O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
You are here: Home / Novas / A saída da A-54 cara Cerceda e Touro estará pechada de mércores a venres para botarlle unha nova capa de aglomerado

A saída da A-54 cara Cerceda e Touro estará pechada de mércores a venres para botarlle unha nova capa de aglomerado

Novas

22-01-2022
22 Xan
  • Con esta actuación o Concello de O Pino completará a mellora desta estrada local que se negou a arranxar o Ministerio de Fomento  ||  

  • Con fondos propios municipais o Concello xa ampliou a capa de rodadura  ||   

Cortada ao tráfico a saída 77 en O Pino da autovía do 26 ao 28 de xaneiro

O Concello de O Pino vai pechar ao tráfico o vindeiro mércores a estrada local que comunica a saída 77 da autovía Santiago-Lugo (A-54) con Cerceda para poder botarlle unha capa de aglomerado que complete o arranxo integral desta vía, que resultou moi deteriorada polas obras da A-54 e que o Ministerio de Fomento se negou a reparar no seu momento.

Esta estrada, moi utilizada polos condutores que se dirixen tamen cara Touro, permanecerá pechada ao tráfico dende o mércores, día 26, ata o venres 28. Durante estes días a empresa Cosmalca botaralle unha nova capa de aglomerado para completar a reparación integral da estrada.

Xa no ano 2020 o Concello fixo unha importante inversión para ampliar a capa de rodadura desta estrada local, que pasou un ancho medio de 4,8 metros a unha media de 5,5 metros de ancho, cunha inversión de 30.000 euros.

Agora o Concello vai facer un investimento doutros 100.000 euros para botar a capa de aglomerado que complete a remodelación integral da estrada.

Fomento rexeitou asumir o arranxo da estrada

Parte do deterioro desta estrada local débese a que durante a execución da A-54, a altura da actual rotonda, estaba situada a planta de concentración de áridos de toda a autovía, polo que o tráfico de camións foi moi intenso durante o tempo que duraron as obras, o que provocou o deterioro desta vía.

En setembro de 2019, o alcalde remitíralle un escrito ao enxeñeiro xefe da Demarcación de Carreteras do Estado en Galicia, Ángel González del Río, no que lle solicitaba ao Ministerio que asumise u custo de arranxar estas estrada local. En outubro do mesmo ano , o Pleno de O Pino solicitáballe de novo a Fomento que arranxara esta estrada local de 1,2 quilómetros de longo e que tiña os marxes do asfalto totalmente danados, o que supoñía un risco para a circulación. Así o sinalaba un informe da Garda Civil de Tráfico, que recollía que nalgúns tramos desta vía, e debido a que parte do asfalto desaparecera dos laterais, non cabía un camión e un turismo. O ancho medio desta estrada é de 4,8 metros, segundo Tráfico, e en algúns puntos aínda inferior debido aos danos provocados polo paso de tráfico pesado.

Como gran parte do deterioro procede de cando se construíu a autovía, o Concello solicitáronlle ao Ministerio de Fomento que a arranxara ou asumira o custo das reparacións. Segundo os proxecto entregado naquel momento as reparacións ascendían a 106.000 euros e incluían deixar unha capa de rodadura duns 5,5 metros de ancho.

O Ministerio de Fomento respondeulle ao Concello que non se fai cargo das obras de reparación da vía. Ante esta resposta, e para non prexudicar á veciñanza e aos usuarios, o alcalde de O Pino, Manuel Taboada, asinaba un decreto adxudicándolle en decembro de 2019 á empresa Cosmalca SL unhas obras de actuación urxentes para frear o deterioro da estrada e arranxar ambas marxes do asfaltado.

Estas actuacións de ampliación da capa de rodadura representaron un investimento de máis de 30.000 euros que o Concello asumiu con fondos propios, e permitirán deixar a capa de rodadura da estrada local con entre 5 e 5,5 metros de ancho. Agora, o Concello vai investir outros 100.000 euros con cargo ao plan POS+ da Deputación para botarlle a capa de aglomerado a esta vía.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« Os particulares teñen ata o 19 de febreiro para solicitar axudas destinadas a combater o feísmo
Xa poden solicitarse as axudas á rehabilitación de vivenda no Camiño de Santiago »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés