Concello de O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés
Sede electrónica
  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas

A piscina municipal do Pino conta con máis de 150 abonados este verán

Novas

16/07/2020
16 Xul

A veciñanza do Pino leva xa dúas semanas acudindo á piscina municipal de Lameiro, que inaugurou a tempada de verán o pasado día 3. Ata o momento, hai máis de 150 persoas abonadas para poder acudir a piscina a prezos reducidos, un número considerablemente inferior aos do pasado verán, cando se superaron os 400 abonados.

Nos cursos de natación tamén se reduciron considerablemente os asistentes. Para o mes de xullo hai inscritas apenas unha vintena de persoas.

A pandemia da covid-19 está influíndo nesta tendencia á baixa dos usuarios da piscina, que debe cumprir as normas marcadas pola Xunta de Galicia para evitar a propagación do coronavirus. A ocupación das instalacións non poden superar o 75% da súa capacidade. En caso de que haxa máis demanda, establecerase un servizo de cita previa.

As actividades da piscina están vixiadas constantemente por socorristas para evitar incidentes. A contratación dun deles está subvencionada pola Xunta de Galicia e os outras dúas persoas pola Deputación da Coruña.

As persoas interesadas aínda poden retirar os seus abonos nas oficinas municipais, de luns a venres en horario de 10.00 a 14.00 horas.

En canto aos diferentes prezos, os bonos gozan dunha gran vantaxe. Fronte aos 3,60 euros que custa unha entrada diaria, os residentes en O Pino poden comprar o bono por 12 euros os adultos e 6 euros os nenos ata dezaseis anos incluídos. Para os non residentes no concello, as tarifas bonificadas duplícanse, 24 euros para os adultos e 12 para a rapazada. Ademais, os cativos menores de dous anos poden entrar de balde á piscina e tamén existe a posibilidade de comprar un bono familiar, que teñen o seguinte custo:

  • Bono pai e nai: 15 euros
  • Cota primeiro fillo: 6 euros
  • Cota segundo fillo: 3 euros
  • Cota terceiro fillo: gratis

Os cursos de natación celebraranse en dúas quendas de luns a xoves de 12.30 a 13.15 horas, pero tan só se poderá ir dous días á semana e tamén é obrigatorio estar previamente aboado. Os nenos ata dezaséis anos poden inscribirse por 3 euros ao mes, mentres que os adultos por 9 euros. Tamén os rapaces e rapazas gozarán dun desconto do 25% para o acceso á piscina se posúen o carné xove.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« Diego Calvorota anímalle a mañá aos nenos da Escola de Verán de O Pino cun contacontos
Os autónomos de O Pino teñen ata o 6 de agosto para pedir as axudas municipais de ata 1.200 € »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés