Concello de O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés
Sede electrónica
  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas

A nova ponte de Domés mellora a comunicación entre Lardeiros e Gonzar e contou cunha achega da Xunta de máis de 120.000 euros

Novas

27/02/2026
27 Feb

Belén do Campo destaca que con esta actuación tamén se mellora da seguridade viaria na zona  ||
O alcalde destaca que esta estrutura ten un taboleiro de 7,2 metros de ancho e facilita o paso de dous vehículos ao mesmo tempo  ||

Manuel Taboada e Belén do Campo visitan a nova ponte de Domés, entre Lardeiros e Gonzar

 

O alcalde do Pino, Manuel Taboada, e a delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, visitaron esta mañá a nova ponte sobre o río Noa en Domés, que mellora a seguridade viaria e a comunicación entre as parroquias de Lardeiros e Gonzar. A Xunta financiou esta obra cunha achega de máis de 120.000 euros a través do Plan de Infraestruturas Rurais 2025 (PIR).

A intervención consistiu na substitución dunha obra de drenaxe situada nun camiño municipal ao sur de Domés, que presentaba importantes deficiencias. A infraestrutura existente tiña capacidade insuficiente en épocas de enchente, o que provocaba asolagamentos nos terreos adxacentes. Ademais, o seu reducido ancho dificultaba o paso de vehículos e impedía o cruzamento entre eles, afectando á seguridade viaria e á funcionalidade da vía.

A nova estrutura executada é un pórtico de 6×3 metros cun ancho de taboleiro de 7,2 metros, mellorando de xeito significativo a capacidade hidráulica e as condicións de circulación neste punto. “Ademais de mellorar significativamente a seguridade viaria, agora poden cruzarse dous vehículos ao mesmo tempo pola ponte”, indicou Manuel Taboada, que agradeceu o apoio da Xunta para executar a obra.

O investimento total da actuación ascende a máis de 120.000 euros. Belén do Campo subliñou que co obxectivo da intervención foi “mellorar as comunicacións, reforzar a seguridade e dar resposta ás necesidades dos concellos do rural”.

Durante a visita, a delegada destacou a importancia deste tipo de actuacións para garantir infraestruturas máis seguras e adaptadas ás condicións climáticas actuais, ao tempo que reafirmou o compromiso da Xunta coa mellora continua das dotacións e servizos nos municipios da provincia.

No acto estiveron presentes o concelleiro de Medio Rural, Gerardo Pintor, e veciños e veciñas da zona.

 

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« Axudas ás comisións de festas parroquiais 2026
O Concello do Pino reforza o seu compromiso coa igualdade cunha programación educativa e social polo 8M »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés