Concello de O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galego
Sede electrónica
  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas

A II San Silvestre do Concello do Pino desenvolverase o sábado 27 de decembro

Novas

02/12/2025
2 Dec
  • A carreira está aberta a participantes federados e non federados e contará con tres categorías escolares e unha absoluta //

  • A proba repartirá premios aos mellores clasificados e aos mellores disfraces, tanto individuais como grupais //

  • As inscricións poden facerse ata o día de Nadal en carreirasgalegas.com e www.atletismo.gal. //

O Concello do Pino, a través do seu Departamento de Deportes e coa colaboración da Federación Galega de Atletismo e do Club Atletismo O Pino, organiza a II edición da Carreira San Silvestre do Pino, que se desenvolverá o sábado 27 de decembro de 2025, a partir das 17:00 horas. A proba, na que poderán participar todas as persoas que o desexen sempre que naceran como mínimo no 2022, repartirá premios entre os atletas mellor clasificados e recoñecerá tamén os mellores disfraces, tanto individuais como grupais.

A proba, incluída no calendario oficial da Federación Galega de Atletismo, está aberta á participación de atletas federados e non federados _aos que se lles tramitará licenza de día_ e estará controlada polo Comité Galego de Xuíces. A saída e a meta estarán situadas na Praza Forcarei.

A edición de 2025 estruturará as carreiras en varias categorías segundo a idade, con distancias adaptadas para garantir a participación segura de toda a cativada. Os horarios, as categorías e as distancias quedan establecidos do seguinte xeito:

  • 17:00 h – Categoría Escolares 1 (nados 2020–2022): 165 metros
  • 17:20 h – Categoría Escolares 2 (nados 2018–2019): 340 metros
  • 17:40 h – Categoría Escolares 3 (nados 2015–2017): 1 km aprox.
  • 18:05 h – Proba Absoluta (nados en 2014 e anteriores): 4 km aprox.

As inscricións deberán formalizarse a través das páxinas www.carreirasgalegas.com e www.atletismo.gal ata o xoves 25 de decembro ás 23:59 horas. As categorías escolares serán gratuítas, mentres que a categoría adulta terá un custe de 5 euros. A organización recorda que non se admitirán inscricións fóra de prazo nin o mesmo día da proba. Para máis información, as persoas interesadas poden contactar co teléfono municipal 981 511 002 (ext. 6 – Deportes).

No tocante aos premios, entregaranse trofeos ás tres primeiras persoas clasificadas na categoría absoluta, así como medallas para todos os participantes das carreiras escolares. Haberá tamén galardóns aos mellores disfraces tanto individuais como grupais. Para poder optar a estes premios, as persoas disfrazadas terán que estar na liña de saída dez minutos antes do comezo da súa proba.

A entrega de premios está prevista para as 18.45 horas na Praza de Forcarei. Todos os atletas participantes nas distintas carreiras poderán desfrutar dun chocolate quentiño ao remate da proba.

Consulta aquí as bases da proba. 

 

 

 

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O Pino activa unha campaña de visibilización e formación para conmemorar o 25N
O Pino terá 5,86 millóns de orzamento en 2026 e dedica a investimentos 1 de cada 5 euros »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego