O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
You are here: Home / Novas / A Galiña Azul abre o prazo para formalizar a matrícula do curso 2023/24

A Galiña Azul abre o prazo para formalizar a matrícula do curso 2023/24

Novas

07-06-2023
7 Xuñ

Ata o vindeiro mércores, 14 de xuño, está aberto o prazo para formalizar a matrícula na escola infantil A Galiña Azul do Pino para o curso 2023/24.

Dende o mércores 31 de maio xa se poden consultar as listas definitivas de crianzas admitidas na entrada da escola ou na web do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

Preferiblemente a matrícula formalizarase a través da Sede electrónica da Xunta de Galicia. Esta opción so será posible se previamente a solicitude de praza tamén se fixo de xeito telemático. Do contrario, a presentación debe facerse en papel, previa cita no centro.

Para a formalización de matrícula é obrigatorio incluír á seguinte documentación:

  1. Impreso de matrícula debidamente cuberto.
  2. Copia da cartilla de vacinacións actualizada ou documento que as acredite.
  3. Certificado de titularidade da C/C e/ou Orde de domiciliación SEPA.

A documentación complementaria consta de:

  1. Copia da tarxeta sanitaria ou documento equivalente .
  2. Autorización de reportaxes, fotos e vídeos (hai que cumprimentalo e subilo á sede electrónica).
  3. Autorización de recollida da nena/o (hai que cumprimentalo e subilo á sede electrónica).

Ambas autorizacións están dispoñibles na sede electrónica.

De forma complementaria, aportaranse presencialmente seis fotografías tamaño carnet e o  certificado médico.

Esta documentación poderase engadir posteriormente, nas entrevistas previstas na segunda quincena do mes de xullo.

As familias poderán obter máis información ou solventar dúbidas co procedemento poñéndose en contacto coa Galiña Azul do Pino, tanto a través do teléfono (981 511 012) como do correo electrónico (escolainfantil.opino@igualdadebenestar.org)

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« A Deputación da Coruña financia con 15.000 euros a contratación do técnico deportivo no ano 2023
Os maiores do Pino desfrutaron da última sesión do programa Vai de Auga »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés