O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
You are here: Home / Novas / A escola de verán recupera xogos tradicionais para as nenas e nenos do Pino

A escola de verán recupera xogos tradicionais para as nenas e nenos do Pino

Novas

07-07-2022
7 Xul
  • Brilé, chapas e o xogo do pano son algúns dos favoritos da rapazada /
  • As actividades están orientadas a un desenvolvemento tanto físico como intelectual e creativo /
  • Nos vindeiros días o alumnado recorrerá un tramo do Camiño de Santiago /

 

A escola de verán do Pino acolle ao longo das súas seis quendas a máis de 150 nenas e nenos, unha axuda á conciliación laboral durante os meses de verán que só nas quendas de xullo recibe a 107 e 92 alumnos de entre 3 e 12 anos. Neste espazo a rapazada realiza actividades deportivas, xogos de estratexia, quebracabezas e manualidades durante o día, ademais de divertirse nun espazo seguro no que poden socializar libremente.

Con motivo de apoiar esta socialización e adaptar mellor as actividades, os grupos divídense por idades da seguinte maneira: 3 a 5, 6 a 8 e 9 a 12 anos. Nos tres casos, a rutina é similar: a primeira hora as monitoras dirixen unha actividade de ximnasia musicalizada, ben sendo aerobic ou baile a modo de quentamento, co fin de que o alumnado se active e comezar unha intensa xornada de xogos que só se deterá durante as pausas para a merenda e o almorzo.

O calendario é flexible, adaptándose ás necesidades da rapazada día a día. As diversas actividades funcionan a través dun sistema de incentivos en que participar en xogos ou gañar determinadas competicións outorga puntos, cos que logo se pode “pagar” por determinadas vantaxes como, mesmamente, elixir a actividade a realizar, aínda que hai dúas claras favoritas: brilé e carreiras. O fútbol tamén levanta paixóns, pero só entre unha parte do alumnado.

Ademais das actividades cotiás a Escola de Verán ten preparadas varias propostas especiais, sendo unha destas a andaina polo tramo do Camiño de Santiago que bordea o municipio, unha xincana de auga para suplir a excursión á piscina doutros anos e unhas olimpíadas en miniatura na que a rapazada deberá superar distintas probas deportivas para gañar.

A Escola de Verán está, así mesmo, preparada para atender nenos e nenas con necesidades especiais e posúe diversos protocolos de actuación especializados para adaptarse á diversidade funcional, tratando de ser un espazo integrador no que todas e todos poidan divertirse e desfrutar do verán ao máximo.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« ‘Camiñantes e cantantes’ chega o 10 de xullo ata O Pino con Pili Pampín, Lucía Pérez e La Ocaband
O espectáculo musical ‘Camiñantes e cantantes’ trasládase este domingo na praza do Concello de O Pino »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego