O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
You are here: Home / Cultura / A Escola de Verán entra na súa última quenda con 45 rapaces e rapazas inscritos

A Escola de Verán entra na súa última quenda con 45 rapaces e rapazas inscritos

Cultura· Novas

31-08-2021
31 Ago

Inclúe actividades lúdicas ao aire libre como xogos de auga ou saídas para promover a educación ambiental //

Unha media de 65 menores de 3 a 12 anos beneficiáronse deste programa de conciliación durante as vacacións //

A Escola de Verán que organiza o Concello do Pino chega á súa última quenda, na que participarán 45 rapaces e rapazas entre os 3 e os 12 anos do 1 ao 7 de setembro. Con actividades divertidas e contidos centrados na natureza e na igualdade, este campamento urbano favorece a conciliación laboral e familiar durante as vacacións escolares.

A Escola de Verán abriu as súas portas o 23 de xuño ofertando seis quendas (23-30 xuño, 1-15 xullo, 16-31 xullo, 1-15 agosto, 16-31 agosto e 1-7 setembro). Unha media de 65 nenos e nenas por quenda foron ás actividades, sendo a segunda quincena de xullo, con 85 asistentes, a máis demandada dun servizo que tivo un custo de 20 euros a quincena (10 euros en setembro). O Concello do Pino habilitou un desconto para familias numerosas dun 20% a partir do segundo fillo, presentando o título de familia numerosa.

A Escola de Verán ten sede no pavillón municipal e nos exteriores do CPI Camiño de Santiago e abre as portas de luns a venres de 8.30 a 14.30. Nas catro quendas xa finalizadas, a rapazada gozou con actividades lúdicas ao aire libre, que cobraron máis presenza na programación como forma de axustarse aos protocolos anti-covid establecidos. Neste sentido, hai que remarcar que o establecemento de grupos burbulla e a estrita vixilancia no cumprimento das normas sanitarias permitiron que a Escola de Verán rematase sen ningunha incidencia relacionada co coronavirus.

Entre as actividades destacaron xogos de auga para refrescar un verán caloroso, tales como pesca con redes ou xogos con diferentes recipientes. Nestas accións incidiuse na educación ambiental, promovendo entre a poboación máis nova a reciclaxe e a paixón pola natureza a través de saídas nas que se insistiu na necesidade de coidar o noso planeta. Tamén se introduciron no programa contidos relacionados coa igualdade con xogos cooperativos e contidos que favorecen tanto o entretemento como a transmisión de valores.

Como anécdota cabe destacar que en xullo celebraron o peche da quenda desfrutando cunha réplica do concurso Got Talent, na que non faltaron imitadores do presentador, Santi Millán, e dos xurados Risto Mejide e Paz Padilla, representados polas monitoras, ademais de divertidas pausas publicitarias e todos os elementos que conforman un programa de televisión.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« Últimos días para gozar da piscina ao aire libre de Lameiro
O Concello pídelle a á xuventude que acuda esta tarde en Arca ao cribado da covid-19 »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego