O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
You are here: Home / Novas / A empresa SOL encargarase dende mañá da recollida do lixo no municipio de O Pino

A empresa SOL encargarase dende mañá da recollida do lixo no municipio de O Pino

Novas

30-11-2021
30 Nov
  • O Pleno ratifica o acordo da xunta de goberno e da mesa de contratación de adxudicarlle o servizo a empresa de Cerceda
  • O proceso de licitación iniciouse no verán
  • O alcalde critica que a oposición abandone o salón de plenos diante dun asunto tan importante como “é cambiar a concesionaria da recollida de lixo”
  • PSdeG e BNG quéixanse de que se lles concedese menos dun día para ler a documentación

A empresa Servicios, Obras y Limpiezas (SOL) vai ser a encargada da recollida do lixo no concello de O Pino a partir de mañá, 1 de decembro, e durante os vindeiros anos. Co acordo adoptado hoxe pola Corporación do Pino, adxudicándolle o servizo a esta empresa de Cerceda, remata o proceso de licitación que comezou o pasado verán. O pleno ratificou o acordo cos 6 votos a favor do equipo de goberno (PP), despois de que tanto PSdeG como BNG decidisen abandonar o salón de sesión tras votar en contra da urxencia do pleno.

O alcalde considerou “moi grave e irresponsable” a actitude dos concelleiros e concelleiras da oposición “por ausentarse” do salón de plenos e non participar no debate “dun tema tan urxente como é o de cambiar a adxudicación da recollida do lixo” no municipio. As queixas polo mal funcionamento deste servizo foron constantes nos últimos anos. Pola súa banda, os grupos da oposición criticaron que este pleno se convocase por urxencia “o luns ás tres da tarde”, sen darlle tempo a estudar a documentación.

Manuel Taboada xustificou a urxencia da convocatoria para que o pleno puidese ratificar o acordo tanto da mesa de contratación (o proceso de licitación por concurso aberto iniciouse o pasado 27 de xullo) como da Xunta Local de Goberno para que a empresa SOL puidese “empezar mañá mesmo, 1 de decembro, a recoller o lixo no Pino. O cambio implica que tamén hai un proceso de subrogación de persoal entre a actual adxudicataria, Urbaser, e a gañadora do concurso, SOL, polo que non podemos esperar debido a que teñen xa todo preparado entre as dúas firmas para que mañá comece a traballar a nova empresa”, dixo.

Todo o proceso de licitación deste contrato tramitouse dende a plataforma de contratación do Estado, á que deben ter acceso os grupos da oposición, “xa que o propio voceiro do grupo socialista fíxolle algunha pregunta aos integrantes da mesa de contratación sobre información que figura nesta plataforma”, aclarou o alcalde ao rematar o pleno. “Polo que non poden alegar descoñecemento de todo o proceso dende que se aprobou no pleno do pasado mes de xullo iniciar o expediente”, engadiu Manuel Taboada.

Máis de 130.000 euros anuais

O Pino vai destinar 133.677 euros anuais para contar cunha recollida de lixo que incorpora melloras substanciais. Entre elas, a empresa adxudicataria SOL ten que ter cun camión propio, de 10 metros cúbicos de capacidade, para prestar o servizo. Deste xeito agárdase solucionar as numerosas incidencias no servizo polas constantes avarías que viña tendo o vello camión municipal.

Servicios, Obras y Limpiezas foi a que presentou a oferta máis vantaxosa para o Concello dentro do procedemento aberto para adxudicar o servizo. Na súa oferta, comprométese a incluír, sen coste para o Concello, o lavado de contedores e marquesiñas no termo municipal, facer o baldeo e lavado de rúas, supervisar os vertidos incontrolados e poñer contedores para a recollida de lixo durante as festas nas diferentes parroquias do municipio.

O proceso de adxudicación contempla un contrato de 2 anos e tres prórrogas dun ano de duración cada unha delas, e tiña incluído un prezo máximo de licitación de 148.518 euros anuais (IVE incluído), polo que a oferta da empresa SOL representa un 10 por cento  anual de aforro para o Concello.

Con esta adxudicación, o alcalde, Manuel Taboada, agarda que mellore substancialmente o servizo, e que rematen as queixas frecuentes da veciñanza, moitas delas debido ás avarías do camión municipal. Ademais, sinala o alcalde, con este novo contrato vai mellorar tamén de xeito importante a reciclaxe dos diferentes tipos de residuos contribuíndo ao o coidado do medio natural, xa que a nova adxudicataria fará a recollida de residuos voluminosos e de plásticos agrícolas, entre outros.

PACES e información tributaria

No pleno extraordinario desta mañá tamén se aprobou, cos votos a favor do PP e a ausencia da oposición, o Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sustentable (PACES) e a adhesión do Concello de O Pino ao convenio entre a Axencia Tributaria e a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) en materia de subministro de información de carácter tributario ás entidades locais.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« A Xunta investirá máis de 18.000 euros na ampliación da área infantil da biblioteca municipal
O Pino acometerá un ambicioso plan de obras viarias con 3 millóns de fondos propios »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego