O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
You are here: Home / Novas / A Deputación ofrece 4 días en Cabeza de Manzaneda para menores de 11 a 15 anos no mes de xaneiro

A Deputación ofrece 4 días en Cabeza de Manzaneda para menores de 11 a 15 anos no mes de xaneiro

Novas

30-12-2018
30 Dec

A Deputación Provincial da Coruña pon en marcha a Campaña de Inverno 2019 para que nenos e nenas de 11 a 15 anos da provincia goces de catro días na neve, concretamente na estación invernal de Cabeza de Manzaneda. No caso dos menores do concello do Pino, o prazo asignado é do 25 ao 28 de xaneiro.

Os interesados en participar deberán anotarse antes do 10 de xaneiro cubrindo o formulario de inscrición que se atopa ao final desta nova, que deberá ir asinado pola nai, pai ou titor, acompañado dunha foto carné, e fotocopia da tarxeta sanitaria e DNI ou libro de familia. A cota para participar é de 85 euros. Poden participar todas as persoas que teñan cumpridos entre 11 e 15 anos, ambos inclusive, o 31 de decembro de 2018.

A inscrición permite gozar de 4 días na estación invernal de Cabeza de Manzaneda (Ourense), entrando o venres pola mañá e regresando á casa o luns despois de comer. A cota de inscrición inclúe transporte, estadía e manutención, monitores, clases de esquí, seguros, alugamento de material, remontes mecánicos e todo o gasto que ocasionen as actividades e cursos programados.

Dende a Deputación da Coruña recomendan aos participantes levan guantes, gorro, gafas de esquí e de sol, anorak térmico, pantalón impermeable ou similar, equipamento deportivo, chuvasqueiro e roupa interior e de aseo axeitada. O listado completo pódese consultar no boletín de inscrición.

Icon

Inscrición para campaña Deputación da Coruña en Cabeza de Manzaneda 2019

1 file(s) 978.33 KB
Download
Tweet
Share12
Share
Pin
12 Shares
« Curso de informática por parroquias en O Pino a partir do mes de xaneiro
A comitiva dos Reis Magos percorre mañá todas as parroquias do Pino dende ás 11.00 horas »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés