A Deputación da Coruña subvenciona os Servizos Sociais do Concello do Pino no presente ano 2023 cunha axuda de 61.136 euros. A resolución que recolle a concesión definitiva desta subvención, que supón a aportación dunha cantidade idéntica a do ano pasado, publicouse o 9 de maio no Boletín Oficial da Provincia.
O Concello destina a axuda da Deputación a financiar o persoal auxiliar do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) de libre concorrencia e ao persoal técnico do departamento de Servizos Sociais do Pino.