
A Conselleira Beatriz Mato e o alcalde Manuel Taboada na sinatura do convenio
O alcalde de O Pino, Manuel Taboada Vigo, e a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, asinaron hoxe un convenio polo cal Augas de Galicia construirá no concello unha nova estación depuradora de augas residuais (EDAR). A instalación, que suporá un investimento de 2,1 millóns de euros, mellorará o servizo dos núcleos de Arca, Amenal, e, na parroquia de Castrofeito, a Pazo, Rial e Santiso.