O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
You are here: Home / Novas / A conselleira Ángeles Vázquez visita O Pino para ultimar a licitación das obras de mellora e humanización

A conselleira Ángeles Vázquez visita O Pino para ultimar a licitación das obras de mellora e humanización

Novas

26-04-2019
26 Abr

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda está a ultimar a licitación das obras de mellora e humanización nos concellos do Pino e Touro, que en conxunto suman case 275.000 euros.

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, trasladou esta información a Manuel Taboada, alcalde do Pino, co que esta mañá mantivo unha reunión de traballo, na que tivo a oportunidade de repasar os proxectos comprometidos polo departamento que dirixe Vázquez Mejuto. Recordou que se trata dunha colaboración interadministrativa, na que a Xunta aporta un 70% en cada caso e a porcentaxe restante é asumida por cada administración local; enmarcada dentro do Plan hUrbe, un programa posto en marcha polo Goberno galego no ano 2010 para apoiar ás entidades locais á hora de levar a cabo actuacións que contribúen a crear ou humanizar espazos de uso común e a garantir o acceso dos veciños a infraestruturas públicas e servizos.

O convenio entre a Consellería de Medio Ambiente e o Concello do Pino ten por obxecto a instalación de catro illas de contedores soterrados, para facilitar a separación de residuos aos cidadáns. Esta medida responde á necesidade de facilitar equipamentos e servizos aos veciños, ao tempo que se evitan os impactos visuais que provocan este tipo de instalacións nas rúas que se ubican. Os traballos de implantación esixirán a demolición do pavimento, pero- unha vez instalados- reporase o pavimento e os servizos afectados durante a execución das obras.

O importe que fixa o convenio para realización desta actuación, que prevé un prazo de execución de seis meses, ascende a 215.000 euros, dos cales un 70% polo Goberno galego. Por último, recordou que ao abeiro do programa hUrbe xa se executaron 200 intervencións nun total de 125 concellos, o que significa que no período 2010-2018 a Xunta actuou case no 40% dos municipios de Galicia.

Durante o encontro, tanto Ángeles Vázquez, como Manuel Taboada, destacaron que esta acción “facilitará o proceso de reciclaxe e mellorará o entorno do concello, algo que tamén repercutirá na experiencia de todos os peregrinos que visiten O Pino nos vindeiros meses e durante o Xacobeo 2021”.

Tweet
Share51
Share
Pin
51 Shares
« O Concello de O Pino organiza cinco sesións no Balneario de Cuntis
O alumnado do CPI Camiño de Santiago visitan a Biblioteca Municipal do Pino polo Día do Libro »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés