O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
You are here: Home / Novas / A Carreira Popular do Pino celebra a súa maioría de idade o día 24 con saída e meta na praza de Forcarei

A Carreira Popular do Pino celebra a súa maioría de idade o día 24 con saída e meta na praza de Forcarei

Novas

07-09-2023
7 Set

Na categoría absoluta as persoas participantes deberán percorrer 8 quilómetros e os menores de 6 anos uns trescentos metros || 

Haberá trofeos para os e as tres primeiras de cada categoría e premios en metálico para os primeiros clubes federados ||

Os escolares recibirán unha medalla || 

Máis de 400 atletas participaron nas 7 categorías das que constaba a carreira popular, Os 8.000 de O Pino. Na categoría absoluta, os primeiros postos foron para Juan Álvarez e Zelinda Spencer.

A Carreira pedestre popular do Pino chega a súa maioría de idade. O domingo día 24 celébrase a décimo oitava edición dunha proba que ten un percorrido de 8 quilómetros para a categoría absoluta e duns 300 metros para menores de seis anos. A primeira saída darase ás 10.00 horas na praza de Forcarei (Arca), onde tamén está situada a meta.

Organizada polo Concello do Pino baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo, esta proba pertence ao IX Circuíto de carreiras populares da Deputación da Coruña.

Na XVIII Carreira Pedestre Popular do Pino poderán participar atletas federados e non federados e haberá unha soa clasificación conxunta. O control da proba estará a cargo do Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.

A inscrición deberá facerse na web carreirasgalegas.com (neste enlace) antes das 23.59 horas do xoves 21 de setembro. A recollida de dorsais será na secretaría técnica (situada na praza de Forcarei) 30 minutos antes da saída. O regulamento da proba pódese consultar na mesma paxina web da inscrición.

A saída da categoría absoluta (maiores de 18 anos) será ás 10.00 horas, e as seguintes iranse facendo de xeito consecutivo ata ás 12.10, cando comezarán a correr as persoas participantes menores de seis anos.

O Concello entregará trofeo para os tres primeiros e as tres primeiras clasificadas das diferentes categorías da carreira absoluta, e para o primeiro e a primeira atleta local empadroado no concello do Pino das categorías Sub-8 ata Sub-18, entre outras premiacións. Os trofeos non serán acumulativos agás os correspondentes aos e ás atletas locais. Haberá medallas para todas as persoas participantes nas categorías escolares entre Sub-6 e Sub-12.

No caso dos clubs federados establécense premios en metálico de 150, 100 e 50 euros para os tres primeiros, tanto en categoría masculina como feminina.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« Coidados porta a Porta volve ao Pino os días 4, 5, 6 e 7 de setembro
O Pino celebra este sábado a segunda edición da festa da familia »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés