O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
You are here: Home / Cultura / 0 25N marca o calendario cultural no Pino con tres espectáculos dirixidos ao público escolar

0 25N marca o calendario cultural no Pino con tres espectáculos dirixidos ao público escolar

Cultura· Novas

25-10-2021
25 Out
  • O auditorio da Casa da Cultura acollerá este venres a función de monicreques ‘Trogloditas’ //

  • O xoves 11 de novembro o grupo Ambar, formado por mulleres con diversidade funcional, poñerá en escena ‘M’ //

  • O Día contra a Violencia de Xénero, o alumnado asistirá á representación de ‘Feminíssimas’ //

O 25 de novembro, Día Internacional da eliminación da Violencia contra as mulleres, marcará o calendario cultural das próximas semanas no Concello do Pino con tres espectáculos de sensibilización dirixidos ao alumnado do colexio público Camiño de Santiago.

O primeiro dos espectáculos que chegará ao Pino será Trogloditas o vindeiro venres 29 de outubro. Tanxarina Teatro convidará aos escolares a entrar no primeiro teatro da prehistoria e, con moito humor e da man de monicreques, coñecer a forma de vida dos nosos antepasados. A función comezará ás 13.00 horas no centro sociocultural Luis Seoane.

O xoves 11 de novembro será a quenda de M, unha intervención artística que mestura texto, movemento, corpo e danza e que ten como protagonistas a mulleres con diversidade pertencentes ao ámbito rural. Dirixida por Helena Salgueiro, conta coa colaboración da Axencia de Desenvolvemento Rural (Agader) e nela participa o grupo de artes escénicas Ambar, formado por mulleres con diversidade funcional. O escenario volverá ser o auditorio da casa da cultura Luis Seoane e o inicio está previsto para as 15.45 horas.

E xa no 25N, rapazas e rapaces asistirán á representación de Feminíssimas da compañía viguesa De Ste Xeito Producións. Trátase dunha comedia na que tres amigas amosan as distintas formas que teñen de entender o feminismo. De novo, o auditorio Luis Seoane acollerá a obra, que principiará ás 13.00 horas.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« Carmen Galloso Rivadulla ingresa no selecto club de centenarias de O Pino
Varias ducias de nenas e nenos celebraron o Samaín no polideportivo con concursos e moito baile »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego